Tuesday 14 de May de 2024

As persoas gañadoras da actividade virtual polo Día Mundial do Libro reciben os seus agasallos


No mediodía deste 7 de maio efectuouse a entrega de agasallos ás persoas agraciadas no sorteo realizado entre todas aquelas participantes na iniciativa virtual #APobraLe impulsada polo Día Mundial do Libro, no 23 de abril.

Antonio Manuel Vidal Sánchez, Miriam Brión Insua e Laura Bautista Outeiral recibiron o presente consistente nuns libros da man da concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e do bibliotecario municipal, José Carlos Vidal. Non puido estar presente Nuria Noal Piñeiro, á cal se lle fará a entrega nos vindeiros días.

A dita actividade foi organizada pola Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal e configurouse a través do Facebook dada a situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 que atravesaba o municipio por aquelas datas.